Julio Lois Meijomil
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1911 Agrosagro, España |
| Morte | 1980 A Latiza, España |
| Actividade | |
| Ocupación | mestre, político |
| Familia | |
| Fillos | Rubén Lois Calviño |
Julio Lois Meijomil, nado en Agrosagro (Carboentes, Rodeiro) en 1911 e finado na Latiza (Álceme) en 1980, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Seminario Menor de Lugo. Despois pasou a Escola Normal de Pontevedra, onde acadou o título de mestre en 1933, e foi destinado á escola de San Xoán de Camba. De ideoloxía republicana, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado. Foi suspendido de emprego e soldo durante 13 meses. Reingresou no maxisterio pero foi trasladado a Fozara. En 1946 pasou a Sabadelle, onde permaneceu até 1950.
A partir dese ano exerceu como mestre na escola da Latiza (Álceme) onde se xubilou en 1969.[1] Foi correspondente de El Pueblo Gallego en Rodeiro. Cara a 1967 participou no programa Misión Rescate de Radio Nacional de España-TVE, e comezou a recoller restos arqueolóxicos.[2] Nos anos setenta foi xuíz de paz de Rodeiro e nas primeiras elección democráticas intentou encabezar a candidatura da UCD en Rodeiro, aínda que sen éxito.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Amadora Calviño Calvo e foi pai de Rubén Víctor (1935-2020), Carlos Mario (1936-2012) e José Luís Lois Calviño (1940).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Antonio Presas (16 de abril de 2006). "O mestre Julio Lois de Latiza". Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ "Julio Lois recupera a súa aula da Latiza". Faro de Vigo (en castelán). 1 de abril de 2019.