Julio Augusto Zachrisson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulio Augusto Zachrisson
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1927 Editar o valor em Wikidata
Cidade de Panamá Editar o valor em Wikidata
Morte18 de decembro de 2021 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePanamá Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscuela Nacional de Pintura, Escultura y Grabado (pt) Traducir
Real Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, escultura e Gravado Editar o valor em Wikidata
Ocupacióngravador , escultor , pintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarisé Torrente Malvido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Julio Augusto Zachrisson Acevedo[1], nado en Cidade de Panamá o 5 de febreiro de 1930 e finado en Madrid o 18 de decembro de 2021[2][3], foi un pintor, gravador e escultor panameño asentado en Madrid (España).[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa formación artística na Escola Nacional de Pintura de Panamá baixo a dirección do pintor Juan Manuel Cedeño Henríquez. Nos primeiros anos da década dos anos 50, despois de visitar diferentes países de Centroamérica, estableceuse en México onde acudiu á Escola Nacional de Pintura, e á de Escultura e Gravado "A Esmeralda", entrando en contacto coas estéticas do muralismo mexicano e a impronta de Rufino Tamayo.[1] Tamén foi importante o seu paso polo Taller de Gráfica Popular fundado por José Guadalupe Posada.[5][6] En 1960 expuxo por primeira vez na Universidade de Panamá e ese mesmo ano viaxou a Europa, traballando en Italia nos talleres da Academia Pietro Vannucci de Perugia. Máis adiante trasladaríase a Madrid, onde estudou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, achegándose á arte do gravado.[6][7][8]

Obra[editar | editar a fonte]

A obra de Zachrisson reflicte a herdanza de tres tradicións artísticas. A primeira é a dos seus predecesores panameños. A segunda, a dos referentes culturais de Centroamérica que coñeceu na súa época mexicana nos anos 50. Ambos amosan a súa influencia "desde el indigenismo y las pinturas precolombinas".[4] Por último, o universo hispánico en Europa, que coñeceu a través da súa estancia en Italia e do seu establecemento en España.[4]

A súa obra forma parte de importantes coleccións como as da Biblioteca Nacional de España, o Museo de Arte Contemporánea, en Madrid; o Museo de Arte Contemporánea Latinoamericana de La Plata (MACLA); o MoMA e o Metropolitan Museum of Art, ambos en Nova York; Museo de Poznan, Polonia, Museo de Arte de Cincinnati, Cincinnati, Museo de Gravado Goya, Fuendetodos, España, Instituto de Artes Gráficas de Oaxaca, México, así como en coleccións de todo o mundo (Iugoslavia, Iraq, Colombia, Chile, Porto Rico e Francia).[6]

Exposición "Un artista entre dos orillas"[editar | editar a fonte]

En decembro de 2020 o Museo de Arte Contemporánea de Madrid acolleu na súa sede do Cuartel Conde-Duque a exposición "Un artista entre dos orillas" ("Un artista entre dúas costas"). O artista doou á institución os cincuenta e dous gravados da exposición, unha exposición retrospectiva con obra plástica, gráfica e escultórica do autor, exemplo de sincretismo, tanto na técnica como na temática.[1]

Falecemento[editar | editar a fonte]

Faleceu en Madrid na madrugada do sábado 18 de decembro de 2021 aos noventa e un anos, nove días despois da morte da súa muller Marisé (María José) Torrente Malvido, filla do escritor ferrolán Gonzalo Torrente Ballester e irmá de Gonzalo Torrente Malvido.[3][9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mª Dolores Barreda Pérez (24/02/2021). AEPE (Asociación Española de Pintores y Escultores). "Zachrisson, en el Conde-Duque". Consultado o 31/03/2023. 
  2. Ángeles Ramos Baquero (2021). La web de las biografías. "Julio Zachrinsson". Consultado o 31/03/2023. 
  3. 3,0 3,1 Elizabeth Hernández (18/12/2021). La Estrella de Panamá. "Fallece el maestro Julio Zachrisson". Consultado o 31/03/2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Fundación Fuendetodos Goya (2003). PDF. "Julio Zachrisson" (PDF). Consultado o 31/03/2023. 
  5. Emiliano Ruiz Parra (28/08/2017). Gatopardo. "80 años de historia del Taller de Gráfica Popular". Arquivado dende o orixinal o 23/12/2021. Consultado o 31/03/2023. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Página web J.A.Z. (2023). JAZ WEB. "Biografía Julio Augusto Zachrisson". Consultado o 31/03/2023. 
  7. Ángeles García (30/01/2021). El País. "Julio Zachrisson, el panameño que sucumbió ante Goya". Consultado o 31/03/2023. 
  8. Euro Mundo Global (22/010/2014). "Julio Zachrisson, un artista panameño homenajeado". Consultado o 31/03/2023. 
  9. Vicente Molina Foix (03/03/2012). El País. "Los Torrentes". Consultado o 31/03/2023. 
  10. Juan Manuel Bonet (18/12/2021). ABC. "Julio Zachrisson: Un panameño en la corte del rey Goya". Consultado o 31/03/2023.