Julia Medina
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1994 (29 anos) San Fernando, España |
Actividade | |
Ocupación | artista, compositora e cantante |
Xénero artístico | Música pop |
Participou en | |
29 de setembro de 2022 | Dúos increíbles |
28 de setembro de 2011 | Tu cara me suena |
22 de outubro de 2001 | Operación Triunfo |
Páxina web | juliamedinaoficial.com |
Julia Medina Martín, nada en San Fernando, Cádiz, o 27 de novembro de 1994, é unha cantante e compositora española.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Baixo a influencia da súa nai, mestra de música nunha escola de San Fernando, Julia Medina empezou a colaborar con 13 anos cun coro parroquial na súa localidade natal, do que foi en múltiples ocasións a voz principal. Posteriormente realizou actuacións interpretando cancións en bares.[3]
Julia Medina saltou á fama en 2018, coa súa participación no concurso de talentos español Operación Triunfo, onde chegou á final quedando quinta.[4][5] O recompilatorio que contén os seus covers interpretados durante o programa alcanzou a sexta posición na lista semanal de discos máis vendidos en España.[6]
Tras o seu éxito en Operación Triunfo, a cantante obtivo un contrato discográfico con Universal Music España, baixo o cal lanzou o seu primeiro disco de cancións inéditas No dejo de bailar no mes de outubro seguinte. O álbum debutou no número 3 nas listas de álbums.[7] No dejo de bailar contou co apoio da xira do mesmo nome, que constou de once paradas por toda España.[8]
En 2023 participou no programa musical Dúos increíbles.[9]
En 2024 participou na undécima edición do programa Tu cara me suena[10] quedando como terceira finalista.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- 2019 – No dejo de bailar
- 2021 – Epicentro[10]
Recompilatorios
[editar | editar a fonte]- 2019 – Sus canciones
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- 2019 – Dime
- 2020 - No me despedí
- 2020 - No hablan más de tí
- 2021 - Que será de mí
- 2023 - Cara B
- 2023 - Adiós[9]
- 2024 - Espacio
- 2024 - Compañera de viaje
Xiras
[editar | editar a fonte]- 2020 - Xira No dejo de bailar
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Quién es Julia Medina: los estudios que abandonó por 'Operación Triunfo' y el vínculo de su exnovio con 'La Promesa'". ABC (en castelán). 19 de xullo de 2024.
- ↑ "Julia Medina presenta mañana su gira ‘Epicentro’, en el Aguere Espacio Cultural". Periodismo ULL (en castelán). 28 de maio de 2022.
- ↑ "La gaditana Julia Medina pondrá un punto de sal al programa 'Tu cara me suena'". La Voz de Cádiz (en castelán). 6 de marzo de 2024.
- ↑ Diego Jimeno. "Famous enamora al público con su 'flow' y gana 'OT 2018'" (en castelán).
- ↑ ""Julia está cumpliendo su sueño"". Diario de Cádiz (en castelán). 4 de novembro de 2018.
- ↑ "Julia Medina - Sus canciones" (en castelán).
- ↑ "Julia Medina - No dejo de bailar" (en castelán).
- ↑ "Julia Medina presenta su Tour No Dejo De Bailar" (en castelán).
- ↑ 9,0 9,1 "Quién es Julia Medina, concursante de ‘Dúos increíbles’: su edad, su pareja y biografía". OK Diario (en castelán). 10 de outubro de 2023.
- ↑ 10,0 10,1 "Quién es Julia Medina: de 'Operación Triunfo' a concursante de 'Tu cara me suena 11'". 20 minutos (en castelán). 20 de marzo de 2024.