Julián Cerviño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulián Cerviño
Biografía
Cargos
   Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Período2022 – 
AntecesorMar Pereira
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia Editar o valor em Wikidata
OcupaciónXestor tecnolóxico

Julián Cerviño Iglesia é un xestor tecnolóxico galego, desde 2022 director da AMTEGA, a axencia tecnolóxica da Xunta de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Física pola Universidade de Santiago de Compostela[1], pero traballou toda a vida en proxectos tecnolóxicos desde a administración galega. Foi consultor sénior na xestión de proxectos na área de infraestruturas da AMTEGA, a axencia autonómica responsable pola innovación tecnolóxica e os servizos informáticos. Como parte do seu traballo, participou na creación de Ianus, o sistema de historia clínica electrónica, e no lanzamento da receita electrónica en Galicia.

Empresarialmente, e en paralelo á súa carreira na administración pública, foi ata 2021 administrador da consultora Queres[2], especializada en saúde electrónica, en 2020 integrada[3] na consultora española Izertis, empresa da que Cerviño é accionista[4]. En setembro de 2022, logo da dimisión de Mar Pereira, foi nomeado por Alfonso Rueda novo director da AMTEGA.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Vive en Sada[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Montero, Tamara (2022-09-01). "Mar Pereira deja la Amtega tras trece años en el cargo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-09-02. 
  2. "Queres Tecnologías". www.cidadedacultura.gal (en castelán). 2018-02-05. Consultado o 2022-09-02. 
  3. "Izertis apuesta por Galicia con la integración de la consultora Queres". www.izertis.com (en castelán). Consultado o 2022-09-02. 
  4. "Actas da Xunta Xeral de Accionistas de Izertis" (PDF). Norbolsa. Consultado o 2/9/2022. 
  5. "Proposta de acordos á Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas de Izertis" (PDF). Izertis. Consultado o 2/9/2022.