Juanra Madariaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juanra Madariaga
Nacemento19 de decembro de 1962
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Deusto
Ocupaciónescritor e profesor
Coñecido/a poreSPedición
editar datos en Wikidata ]

Juan Ramon Madariaga Abaitua, coñecido como Juanra Madariaga, nado en Bilbao en 1962, é un escritor biscaíño en éuscaro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filoloxía Vasca na Universidad de Deusto, onde máis tarde exerceu a docencia.

En 1988, gañou o premio de poesía da Deputación de Biscaia con Imentzioaren Pergamuak (1989). Anos máis tarde publicou Galera Errepikatuak (1992) e Elaien Ausardia (1993), distinguida esta última co premio Imajina Euskadi de 1991. EN 1996 publicou Argia sortzen den izartegia, premio da Crítica de 1997.

En 2000 gañou o premio Felipe Arrese Beitia da Euskaltzaindia co poemario Amodioa Batzuetan. En 2002 foi finalista do Premio Euskadi por ese mesmo libro, Amodioa Batzuetan.

En 2003 saíu o seu poemario Izozmendiak.

É así mesmo colaborador do xornal Berria e de diversas revistas[1].

Agás un libro en castelán, Física, as súas restantes obras están escrita en lingua éuscara[2]. Algunhas delas foron traducidas ao inglés, italiano, esloveno ou catalán[3].

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Juan Ramon Madariaga Abaitua, información xeral. (en castelán)
  2. Entrevista a Madariaga en Bilbaoeuskaraz.eus o 13 de decemebro de 2010. (en castelán)
  3. Ficha do autor en Visat.cat. (en catalán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]