Juan de Granada
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1480 |
| Morte | 1543 |
| 1530 – 1543 | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Fillos | Madalena de Granada |
| Pais | Abu al-Hasan Ali de Granada |
| Irmáns | Muhammad XII de Granada Fernando de Granada |
| Parentes | Ibn (ABÛ) Abd-Allâh Muhammad Ibn Al-Sâd, tío |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Juan de Granada ou Nasr ben Ali foi fillo do rei nazarí Muley Abul Hassan e Zoraia, e medio irmán de Boabdil, derradeiro rei de Granada. Naceu arredor do ano 1480, sendo o terceiro na liña de sucesión real nazarí.
Historia
[editar | editar a fonte]Coa conquista do reino de Granada polos Reis Católicos en 1492 e a forzosa capitulación de Boabdil, foi enviado de neno co seu irmán Saad ben Ali por orde dos Reis Católicos a Sevilla, onde ámbolos dous serían bautizados na relixión católica e onde recibiu educación castelá así como un novo nome castelán -Juan de Granada-.
Desde a súa infancia foi desvinculado da órbita musulmá e nazarí, sendo integrado plenamente nas estruturas nobiliarias castelás. Foi enviado ao reino de Galicia, lonxe do reino de Granada e da poboación mudéxar contraria á ocupación castelá, onde recibiu o título de gobernador (1530). Casou coa neta do conde de Castrojeriz, morrendo no ano 1543.
| Predecesor: Antonio de la Cueva |
Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Galicia 1530- 1543 |
Sucesor: Álvaro Gómez Manrique de Mendoza |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |