Saltar ao contido

Juan Zapata Monteiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Zapata Monteiro
Biografía
Morte28 de febreiro de 1948 Editar o valor en Wikidata
Lubre, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Bergondo
27 de setembro de 1947 – 28 de febreiro de 1948 – Rafael Salgado Torres → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Juan Zapata Monteiro, finado en Lubre (Bergondo) o 28 de febreiro de 1948, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Zapata Amil. Foi nomeado xuíz municipal de Bergondo en 1920,[1] permanecendo no posto até 1928. Xa no franquismo foi nomeado alcalde de Bergondo o 27 de setembro de 1947, mais a guerrilla matouno cinco meses despois, o 28 de febreiro de 1948, no lugar do Pilón da parroquia de Lubre.[2]


Predecesor:
Manuel Longueira Miramontes
 
Alcalde de Bergondo
 
1947 - 1948
Sucesor:
Rafael Salgado Torres

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Antonia Cubeiro Amor e foi pai de María e Juan Zapata Cubeiro.[3]

  1. El Compostelano, 8-11-1920, p. 4.
  2. Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. pp. 114–115. ISBN 978-84-8341-166-7. 
  3. El Correo Gallego, 20-12-1941, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]