Juan Rico González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 12 de novembro de 1936 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Juan Rico González, nado en Ferrol en 1895 e finado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936, foi un militar galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7c/Placa_12_de_novembro.jpg/200px-Placa_12_de_novembro.jpg)
Capitán de Gardas de Asalto, mandaba a 31ª Compañía de Pontevedra. O 16 de xullo de 1936 propuxo ao gobernador civil Gonzalo Acosta Pan a detención dos xefes militares e dos elementos civís que conspiraban con eles. O gobernador no fixo caso das súas advertencias e enviouno o 17 a Vigo, onde o Capitán tiña desprazada unha sección das súas forzas. Rico regresou a Pontevedra o 18 e púxose en contacto coa Fronte Popular. Convocouse unha reunión das mocidades Socialistas Unificadas e dos partidos de esquerda. Rico arengounos e proporcionoulles as armas da garda municipal e as sobrantes do cuartel de Asalto. Desautorizado polo Gobernador, o Capitán interveu as comunicacións telefónicas.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra sumarísimo o 1 de novembro. Condenado a morte, foi fusilado na estrada de Campañó o 12 de novembro de 1936.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Xosé Álvarez Castro (2013). Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939). Xerais.
- Domínguez Benavides, Manuel (1944). La Escuadra la mandan los cabos (PDF). Archived from the original on 27 de xaneiro de 2004. Consultado o 18 de setembro de 2016.