Juan Reboreda Enríquez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1938 Mondariz, España |
Morte | 31 de maio de 2022 (83 anos) valor descoñecido |
Alcalde de Mondariz | |
1970 – 2002 (dimisión) – Julio Alén Montes → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Alianza Popular Partido Popular |
Membro de | |
Juan Reboreda Enríquez, nado en Mondariz o 2 de xuño de 1938 e finado o 31 de maio de 2022,[1] foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi secretario da Cámara Agraria Local e director da sucursal de Mondariz de Caixa Galicia. Foi concelleiro e primeiro tenente de alcalde do concello de Mondariz e en 1970 foi nomeado alcalde. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas encabezando unha candidatura independente e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións primeiro por AP e logo polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. 0 27 de novembro de 2002 renunciou como alcalde, sendo substituído polo primeiro tenente de alcalde Julio Alén Montes.[2] Foi deputado provincial e presidente do Mondariz F. C.
Predecesor: José Martínez Couto |
Alcalde de Mondariz 1970 - 2002 |
Sucesor: Julio Alén Montes |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muere Juan Reboreda, alcalde de Mondariz durante 32 años". Faro de Vigo (en castelán). 2022-05-31. Consultado o 2022-06-01.
- ↑ "El primer teniente de alcalde, Julio Alén, se perfila como el sustituto del anterior regidor". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-11-28. Consultado o 2022-12-10.