Juan Pando
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 ![]() Barcelona, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() |
Juan Pando, nado en Barcelona en 1956 e criado en Madrid, é un xornalista, crítico e escritor cinematográfico de orixe catalá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de cursar estudos de Dereito e Xornalismo, iniciou a súa actividade profesional no xornalismo na axencia Efe, a Cadena Ser e a axencia Colpisa. Foi subdirector do quincenal vitivinícola Marco Real, redactor xefe de Gastronomía y Enología e de Nueva Banca, e produtor do programa Un mundo feliz de RNE-Radio 1. A final da década de 1980 especializouse en información de cinema, traballando dende aquela neste campo en prensa, radio e televisión.
Os seus textos publicáronse no diario El Mundo, o semanario Diez Minutos e o mensual especializado Fotogramas, entre outras publicacións.
Obra
[editar | editar a fonte]- Hollywood al desnudo (Espasa Calpe, 1997)
- Nacidos para triunfar: Cien actores jóvenes (Ediciones B,1997)
- Crónica negra de Hollywood (Espasa Calpe, 1998)