Juan Orol
Juan Orol | |
---|---|
Nome completo | Juan Rogelio García García |
Alcume/outros | Juan Orol |
Nacemento | 30 de xullo de 1893 e 4 de agosto de 1897 |
Lugar | Santiso |
Falecemento | 26 de maio de 1988 |
Lugar | Cidade de México |
Nacionalidade | México e España |
Cónxuxe(s) | María Antonieta Pons, Rosa Carmina e María Esquivel |
Profesión | director de cinema, actor, actor de cinema e guionista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Rogelio García García, coñecido como Juan Orol, nado en Santiso (Lalín) o 30 de xullo de 1893[1] e finado en Cidade de México o 26 de maio de 1988, foi un actor e director cinematográfico galego-mexicano. Foi coñecido como o "rei do cinema negro mexicano" o cine de gángsters, e un dos principais promotores do chamado cine de rumberas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrou a Venezuela, Estados Unidos, Cuba e México. En Cuba foi piloto de coches de carreiras, xogador de béisbol e boxeador. Con vinte anos volveu a México, onde se fixo toureiro e se deu a coñecer co nome de Esparterito. Alterou esta profesión coa de policía secreto ata 1928, cando se dedicou ao cine.
Comezou a traballar como director artístico nunha empresa radiofónica e colaborou como actor secundario nalgunhas películas. Fundou a produtora Aspa Films e desenvolveu unha dilatada carreira cinematográfica entre México e Cuba como actor, produtor e director. A súa última aparición no cine foi como actor na comedia Ni modo... así somos, realizada en 1980.
Filmografía[editar | editar a fonte]
- ¿Mujeres sin alma: venganza suprema? (1934)
- Madre querida (1935).
- Honraras a tus padres (1936).
- Siboney (1938).
- Pasiones tormentosas (!945)
- Embrujo antillano (1945).
- Una mujer de oriente (1946).
- Tania, la bella salvaje (1947).
- El reino de los gángsters (1947).
- Gángsters contra charros (1947).
- La mesera coja del café del puerto (1947)
- Amor salvaje (1949)
- Cabaret Shanghái (1949).
- La diosa de Tahití (1952)
- Sandra, la mujer de fuego (1953).
- El sindicato del crimen (1954).
- Bajo la influencia del miedo (1956)
- Zonga, el ángel diabólico (1956)
- Tahimi, la hija del pescador (1961)
- El fantástico mundo de los hippies (1968)
- Historia de un gángster (1968)
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vega, Eduardo de la: Un galego no cine mexicano: Juan Orol (1893-1988). CGAI, 2002.