Juan Manuel Rodríguez de Cea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Manuel Rodríguez de Cea
Nacemento1854
 Pontevedra
Falecemento15 de febreiro de 1926
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Juan Manuel Rodríguez de Cea, nado en Pontevedra en 1854 e finado na mesma cidade o 15 de febreiro de 1926[1], foi un político, escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Figurou na dirección do Partido Republicano de Pontevedra con Indalecio Armesto e Pascual Paz e foi varias veces concelleiro na súa cidade. Colaborou en El Estudiante e O Galiciano, dirixiu os periódicos O Novo Galiciano, La Unión Nacional e El Pueblo, foi redactor de La Unión Republicana e colaborador de El Anunciador.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Fillos de Galicia que n-a autualidade cultivan n-o libro ou n-a prensa o dialeuto gallego, lixeira idea d’as suas obras, publicado en A Gaita Gallega (1887).
  • Notas sobre montes, ríos, valles, puertos... de la provincia de Pontevedra (con Rogelio Quintáns), 1891.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en Diario de Pontevedra, 15-2-1926, p. 2.