Juan Manuel López Barreira
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Juan Manuel López Barreira | |
---|---|
Lugar de nacemento | Portas |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Manuel López Barreira, nado en Lantaño (Portas), é un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Correspondente de Faro de Vigo en Portas.[1] Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do CDS en Portas e foi elixido alcalde, gobernando cos apoios puntuais dos outros grupos. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura de Independentes Parroquias Unidas de Portas (PUP) e foi elixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE. O PPdeG presentou unha moción de censura co apoio do candidato tránsfuga do PSdeG José Antonio Gómez Iglesias e o 15 de maio de 1992 foi desbancado da alcaldía.
Predecesor: Luis Alfonso Leste |
![]() Alcalde de Portas 1987 - 1992 |
Sucesor: Roberto Vázquez Souto
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Faro de Vigo, 1-10-1981, p. 22.