Juan José Moralejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Juan José Moralejo Álvarez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan José Moralejo
Juan José Moralejo Álvarez (AELG)-1.jpg
Nacemento23 de setembro de 1941
 Santiago de Compostela
Falecemento25 de maio de 2012
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
XénerosEnsaio
EstudosDereito e Filoloxía Clásica
editar datos en Wikidata ]

Juan José Moralejo Álvarez, nado en Santiago de Compostela o 23 de setembro de 1941 e finado na mesma cidade o 25 de maio de 2012[1], foi un filólogo galego, fillo do tamén lingüista zamorano-galego Abelardo Moralejo Laso e irmán de José Luis Moralejo e Serafín Moralejo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Filoloxía Clásica pola Universidade Complutense de Madrid en 1971, foi catedrático de Lingua e Literatura Grega na Universidade de Santiago, na que exerceu docencia desde 1971. Foi Profesor de Lingua e Literatura grega e latina nas Universidades Complutense, de Navarra e de La Laguna. Ten colaborado en cursos, relatorios e conferencias en numerosas universidades, institucións e congresos.

Colaborador habitual do xornal La Voz de Galicia, obtivo o Premio Fernández Latorre de xornalismo en 1997.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A lingua galega hoxe, 1977, Galaxia.
  • Guía para pilla-las troitas, miñas señoras, 1981, Xerais. 2ª edición ampliada en 2005 en Galaxia, publicada como As troitas, miñas señoras.
  • A lingua galega e os seus problemas, 1982, Galaxia.
  • Ambiente e principios ideolóxicos no teatro de Aristófanes, 1983.
  • Bestiario helénico, 1991, La Voz de Galicia. Edición bilingüe galego-castelán.

Traducións[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Gramática de las inscripciones délficas (fonética y morfología): (siglos VI-III a. C.), 1973, Universidade de Santiago de Compostela.
  • Callaica nomina: estudios de onomástica gallega, 2008, Fundación Barrié.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Finou o investigador e escritor Juan José Moralejo" Arquivado 30 de maio de 2012 en Wayback Machine., artigo en Sermos Galiza, 26 de marzo de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]