Juan José Gómez del Cura
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1953 (71 anos) Madrid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1974 - 1984 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Juan José Gómez del Cura, nado en Madrid o 26 de abril de 1953, é un exfutbolista que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a destacar no Algeciras CF,de onde pasou ao Recreativo de Huelva, porén sería fichado polo Celta de Vigo, antes do remate da tempada 1974/75.
Co Celta debutou en Primeira División o 7 de novembro de 1976 ante o Real Madrid, porén o primeiro ano en Vigo transcorrería en Segunda División conseguindo o ascenso ese mesmo ano.
Nas nove tempadas que militou no Celta o equipo cambiou de categoría en todas elas, disputando tres tempadas en Primeira, cinco en Segunda e mesmo unha en Segunda División B. Un dato característico foi que o máximo goleador do equipo na tempada 1976/77 foi o porteiro arxentino Carlos Fenoy con cinco tantos. O seu mellor ano sería a tempada 1981/82 na que xoga 36 encontros e anota 15 goles.
En 1984 deixou o Celta despois de 195 encontros e 43 goles.