Juan Ibáñez Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Ibáñez Pérez
Nome completoJuan Ibáñez Pérez
Alcume/outrosAjenjo
Nacemento11 de agosto de 1980 (39 anos)
LugarMadrid, España España
NacionalidadeEspaña
Parella(s)Nerea Barros
Profesiónguionista, locutor, Actor de dobraxe, actor e presentador de televisión
Coñecido/a porEl Hormiguero
editar datos en Wikidata ]

Juan Ibáñez Pérez, nado en Madrid o 11 de agosto de 1980, é un profesional da radio e da televisión, coñecido por ser un dos presentadores do programa de televisión español El Hormiguero. É o irmán pequeno de Pablo Ibáñez Pérez, tamén colaborador co alcume de "El Hombre de Negro".

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Radio e literatura[editar | editar a fonte]

Traballou entre 2002 e 2007 no programa M80 Radio "No somos nadie" xunto con Pablo Motos. O programa substituíu a franxa horaria deixada polos veteráns Gomaespuma.

É coautor de dous libros de monólogos que teñen o mesmo título e ton que o programa de radio.[1]

Televisión[editar | editar a fonte]

No 2006, acompañou a Motos no seu salto á televisión no programa El Hormiguero. Alén de ser copresentador e guionista, interpreta a personaxe de Trancas, unha das dúas formigas-mascota do programa, dándolle voz e movemento ós monifates durante o programa, agás nas seccións nas que aparece como si mesmo.[2][3] Xunto co seu compañeiro Damián Mollá forman o dúo Trancas y Barrancas.

Juan tamén participou en varios programas de humor, como guionista en múltiples ocasións en El club de la comedia, ou como convidado puntual en Muchachada nui ou Palomitas.

Teatro[editar | editar a fonte]

Fóra das súas aparicións en televisión, traballa como monologuista en Tres Calaveras Huecas, tendo actuado en salas como o teatro Maravillas e a Sala Galileo Galilei (ámbalas en Madrid) e o Teatro Olympia de Valencia.

Cine[editar | editar a fonte]

No 2008, formou parte do elenco de O espírito do bosque, filme secuela de O bosque animado. Interpretou o papel de "Ho-ho" coma se fose a personaxe televisiva "Trancas".[4] O filme tivo un éxito discreto, aínda que é a secuela animada española con maior recadación e a máis vista, con 189.877 espectadores e 1 036 528,67 € de recadación.

Música[editar | editar a fonte]

Na súa carreira musical forma parte xunto cos seus compañeiros de No somos nadie / El Hormiguero o grupo musical El hombre linterna, no cal toca o baixo co alcume de "Ajenjo". O grupo fai versións rock de cancións infantís e de debuxos animados. Publicaron un álbum con Sony BMG chamado "Cartoon Rock!!".[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]