Juan Gil Sequeiros
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1891 valor descoñecido |
| Morte | 7 de novembro de 1957 Vilagarcía de Arousa, España |
| 8 de maio de 1944 – 4 de marzo de 1948 ← Frutos Cerecedo Lapatza – Frutos Cerecedo Lapatza → | |
| 16 de marzo de 1943 – 24 de abril de 1946 Lexislatura: I lexislatura das Cortes franquistas | |
| 15 de febreiro de 1937 – 8 de marzo de 1938 ← Frutos Cerecedo Lapatza – Ramón García Lago → | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | empresario, político |
Juan Gil Sequeiros, nado en 1891 e finado en Vilagarcía de Arousa o 7 de novembro de 1957, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empresario en negocios de madeira, foi xefe do Sindicato Provincial de Pontevedra. O 15 de febreiro de 1937 foi nomeado alcalde de Vilagarcía de Arousa, ocupando o cargo ata o 8 de marzo de 1938. O 8 de maio de 1944 volveu ser nomeado alcalde de Vilagarcía, finalizando o seu mandato o 4 de marzo de 1948.
O 1 de novembro de 1942 foi elixido representante sindical nas Cortes Españolas polos Sindicatos Nacionales. Foi Procurador nas Cortes durante o franquismo en representación da Organización Sindical como empresario do Sindicato Nacional de la Madera y Corcho na I Lexislatura das Cortes Españolas (1943-1946). Finou en Vilagarcía de Arousa o 7 de novembro de 1957.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Mercedes Reguera Prego de Gil, que finou o 16 de novembro de 1934.[2] Volveu casar con María Teresa Padín Anido.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O Alcalde Borruell Arquivado 16 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
| Predecesor: Frutos Cerecedo Lapatza |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa 1937 - 1938 |
Sucesor: Ramón García Lago |
| Predecesor: Frutos Cerecedo Lapatza |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa 1944 - 1948 |
Sucesor: Frutos Cerecedo Lapatza |