Juan García Moreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan García Moreno
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1893 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de maio de 1941 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , funcionario Editar o valor em Wikidata

Juan García Moreno, nado en Santiago de Compostela o 20 de agosto de 1893 e finado en Cidade de México o 20 de maio de 1941, foi un avogado e funcionario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Avogado e funcionario do Estado. Traballou no Ministerio de Agricultura en Madrid. Membro da UGT e afiliado a Izquierda Republicana en Madrid. Foi vogal da Comisión Fiscal de Contas de IR e secretario do gobernador civil de Badaxoz na Segunda República. Durante a guerra civil foi vicepresidente da Fronte Popular do Instituto de Reforma Agraria. Coa derrota da República exiliouse en Francia. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia no porto de Sète (Hérault) rumbo a México, chegando a Veracruz o 13 de xuño. Trasladouse a Cidade de México. Finou en Cidade de México en 1941.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Violeta Castells Vela.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]