Juan Gabriel
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Alberto Aguilera Valadez 7 de xaneiro de 1950 Parácuaro |
| Morte | 28 de agosto de 2016 Santa Monica |
| Outros nomes | Juan Gabriel |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante, compositor, produtor musical, cantautor, artista discográfico |
| Período de actividade | 1971 |
| Xénero artístico | Mariachi |
| Instrumento | Voz |
| Selo discográfico | Universal Music Group Fonovisa Records RCA Records |
| Familia | |
| Fillos | Luis Alberto Aguilera |
| Premios | |
| |
| Sitio web | juangabriel.com |
Alberto Aguilera Valadez, máis coñecido como Juan Gabriel, nado en Parácuaro, Michoacán o 7 de xaneiro de 1950, e finado en Santa Monica (California, Estados Unidos) o 28 de agosto de 2016, foi un cantautor, actor, compositor, intérprete, músico, produtor discográfico e filántropo mexicano, coñecido tamén polo alcume de «el divo de Juárez». Son notables as súas contribucións á música popular en América Latina en diferentes xéneros como balada, ranchera, bolero, pop, música norteña, rumba flamenca, huapango, música chicana, salsa, son de mariachi, banda sinaloense, disco, big band e até cancións de berce que escribiu a cada un dos seus fillos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Gabriel |
| A Galipedia ten un portal sobre: México |
