Juan Ferreira Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Ferreira Caamaño
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1803 Editar o valor em Wikidata
Treos, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de maio de 1868 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia de Lugo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Juan Ferreira Caamaño e Lemos, nado en Treos (Vimianzo) o 18 de agosto de 1803 e finado en Madrid o 17 de maio de 1868, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Leis e Canons pola Universidade de Santiago de Compostela (1829), traballou como avogado ata 1832, cando se iniciou na xudicatura. Foi comandante da milicia nacional e defendeu os territorios da súa xudicatura contra as faccións carlistas. Tralo golpe de Espartero foi destituído e perseguido ata o regreso dos moderados ao poder. En 1844 foi nomeado gobernador civil de Lugo e desde ese ano foi elixido deputado no Congreso ata a lexislatura de 1864 (agás no período progresista de 1854-1856), pola provincia da Coruña (1844-1846) e polos distritos de Cee (1846-1850, 1851-1864) e Carballo (1850-1851). Foi nomeado senador vitalicio (1863).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]