Juan Carlos Scelza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Carlos Scelza
Biografía
Nacemento9 de novembro de 1963 (60 anos)
Montevideo, Uruguai
Datos persoais
País de nacionalidadeUruguaio
Coñecido porJC
Actividade
OcupaciónXornalista deportivo
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
Fillos2

Juan Carlos Scelza, nado en Montevideo o 9 de novembro de 1963, é un xornalista deportivo uruguaio. Desde 1999 é o comentarista principal dos partidos de fútbol, tanto do campionato uruguaio como da propia selección uruguaia que emite a canle Tenfield.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Instituto Crandon. En 1981 comezou a traballar na radio e logo en 1983, fixo a súa primeira aparición en televisión co clásico programa deportivo da historia da televisión uruguaia Estadio Uno, conducido por Julio Sánchez Padilla. Ademais, en 1996, participou na realización do libro "La Gran Enciclopedia del Fútbol Mundial".[1]

Durante a súa carreira en radio, traballou entre 1981 e 1985 en CX 4 Radio Rural; a continuación en 1985 trasladouse a Radio Oriental, onde se iniciou como relator de fútbol. En 1992, pasou a comentar fútbol pero esta vez en Radio Oriental e logo en 1996, realizou a mesma tarefa pero en Radio Carve. En 2000, grazas á empresa Tenfield, pasou a formar parte do programa "Pasión Tenfield" en CX18 Radio Sarandí Sport. Desde 2012 é o encargado das noticias deportivas no programa Pisando Fuerte da radio Metrópolis FM 104.9.

Comezou na televisión en 1983 no equipo de Estadio Uno de Canal 5. En 1985, foi columnista e relator en Canal 4. En 1994, pasou a Saeta TV Canal 10, transformándose en colaborador de Deporte Total, programa conducido por Carlos Muñoz Escobal e o mesmo ano pasou a ser integrante do informativo Subrayado. En 2003, cos cambios na produción, tocoulle formar parte do novo programa deportivo chamado Punto penal (programa que tamén conduciu Carlos Muñoz Escobal), alí mantívose como co-presentador até 2007 cando se desvinculou do mesmo. En 2006, foi o presentador do programa de preguntas e respostas Locos por Saber da mesma canle. En 2008, abandonou o noticiario Subrayado, dando así a súa última aparición nas canles de aire para dedicarse soamente a Tenfield/VTV.

Durante a súa carreira en Tenfield, desde 1999, é comentarista de fútbol nos partidos que emite. En 2005, presentou o programa Recuerdos o cal trataba de lembrar vellos partidos do fútbol uruguaio. Desde 2011, realiza o programa Fanáticos con entrevistas a recoñecidos deportistas de todo o mundo. Ademais, traballa como comentarista na cadea Gol TV.[2]

En 2003 publicouse o seu primeiro libro, titulado Fanáticos.[3] Xunto a Rodrigo Romano, conforma a dupla de relator-comentarista principal do fútbol uruguaio, onde xurdiu o seu alcume, «JC».

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Blog (23 de agosto de 2005). "Homenajes se hacen en la vida". Consultado o 18 de febreiro de 2013. 
  2. El País (16 de maio de 2005). ""No pido permiso a Casal"". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2010. Consultado o 18 de febreiro de 2013. 
  3. El País. "Juan Carlos Scelza presenta su libro". Consultado o 23 de octubre de 2017.