Saltar ao contido

Juan Caride

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Caride
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1965 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Altura173 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónloitador afeccionado Editar o valor en Wikidata
Deporteloita afeccionada Editar o valor en Wikidata
Participou en
1988Xogos Olímpicos de 1988 Editar o valor en Wikidata

Juan Antonio Caride Grandal, nado en Vigo o 13 de decembro de 1965, é un ex-loitador galego. Foi dúas veces campión de España de loita libre e competiu nos Xogos Olímpicos de 1988.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
A cidade de Vigo ós seus atletas.[1]

Comezou a practicar loita libre no Club Sambo de Vigo, con Manuel Roca como adestrador, e foi campión de España en categorías inferiores.[2][3][4] En 1987 gañou o seu primeiro título de campión de España absoluto, en menos de 62 kg, e ao ano seguinte foi seleccionado para competir nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988.[5] Participou na categoría de menos de 68 kg, perdendo os seus dous combates, o primeiro deles contra o finlandés Jukka Rauhala, medallista nos Ánxeles 1984, e o segundo contra o soviético Arsen Fadzaev, que acabou levando a medalla de ouro.[6]

En 1993 gañou o seu segundo campionato de España, esta vez en menos de 68 kg.[5]

  1. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016.
  2. Collazo, Luis; Antón, Soledad (16 de abril de 2011). "Vidas ejemplares dedicadas al mar y a apagar fuegos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2021.
  3. "Una vida dedicada a la lucha". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de abril de 2011. Consultado o 21 de setembro de 2021.
  4. "Cuatro títulos para Galicia en los campeonatos de España de cadetes". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xullo de 1981. p. 35.
  5. 1 2 "Campións de España de loita libre". felucha.com (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2021.
  6. "Loita libre nos Xogos Olímpicos de 1988". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 21 de setembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]