Juan Ares López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Ares López
Lugar de nacementoNogueirosa
Falecemento27 de xullo de 1964
Lugar de falecementoCampo Longo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Juan Ares López, Pallares, nado en Nogueirosa (Pontedeume) e finado en Campo Longo o 27 de xullo de 1964,[1] foi un político e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Presidente da Sociedad Progreso de Agricultores de Nogueirosa, presidiu tamén a Sociedad Agrícola Comarcal del Este de La Coruña, que agrupaba a 12 entidades dos concellos de Pontedeume e Miño. Membro de Izquierda Republicana, co triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Pontedeume e elixido tenente de alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi membro do Comité de Defensa da República e participou no intento de deter as tropas sublevadas que avanzaron dende Ferrol para tomar a vila de Pontedeume o 21 de xullo. Logrou agocharse no seu domicilio durante máis de once anos e despois fuxiu ao monte. Foi enlace do grupo de José Vázquez Mauriz e despois de Ramiro Martínez López. Rendeuse á Garda Civil en maio de 1949. Foi procesado e saíu absolto. Finou en 1964 con 62 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 28-7-1964, p. 12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Sobrino Ceballos, Juan; Domínguez Ferro, Manuel (2007). "Proceso e morte de Luis Nodar" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (14): 295–304. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2017. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]