Saltar ao contido

Juan Amoedo Seoane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Amoedo Seoane
Biografía
Nacemento16 de maio de 1890 Editar o valor en Wikidata
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xullo de 1972 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político, xornalista Editar o valor en Wikidata

Juan Amoedo Seoane, nado en Redondela o 16 de maio de 1890 e finado en Vigo o 18 de xullo de 1972, foi un avogado e agrarista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do médico Manuel Amoedo Acuña. Licenciado en Dereito en 1909. Foi redactor de La Idea e despois colaborou en La Opinión e Redención Gallega. Foi avogado en Vigo durante a primeira metade do século XX e presidente do seu Colexio de avogados. Agrarista, participou como propagandista na campaña de axitación da Liga Agrario-Redencionista no verán de 1910. Participou na defensa dos sindicalistas presos trala folga xeral de 1917, sucesos polos que el mesmo foi detido. Foi líder do partido melquiadista en Galicia. No franquismo foi avogado en Vigo e decano do Colexio de Avogados de Vigo. Finou en Vigo o 18 de xullo de 1972. [1][2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Vigo en 1928 con Gloria Conde Pascual, e foi pai de María Gloria, Juan Manuel, José Antonio, Jorge, Javier e María Victoria Amoedo Conde.

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 21-7-1972, p. 4.
  2. El Pueblo Gallego, 22-7-1972, p. 20.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela: Concello. p. 30. ISBN 84-8302-720-8. 
  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. p. 50. ISBN 978-84-8457-448-4.