Saltar ao contido

José Vicente López Chacón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Vicente López Chacón
Biografía
Nacemento14 de maio de 1882 Editar o valor en Wikidata
Palma Soriano, Cuba Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 21907

José Vicente López Chacón, nado en Palma Soriano (Cuba) o 14 de maio de 1882, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do tenente coronel José López Fernández e Luisa Chacón Romero. Retornado a Galicia, fixo o bacharelato no Instituto da Coruña. Licenciado en Dereito, en maio de 1920 aprobou os exames de procurador.[1] Exerceu como procurador na Coruña. Masón, pertenceu á loxa Lealtad, da que foi venerable mestre en 1929. En 1930 participou no Pacto de Lestrobe. Estivo presente na reunión constitutiva da Federación Republicana Gallega celebrada en Pontevedra o 15 de marzo de 1931 en representación do Comité municipal da Alianza Republicana da Coruña.[2] Presentouse ás eleccións a Cortes de 1931 pola provincia da Coruña encadrado no Partido Republicano Radical. Volveu ser candidato nas eleccións de novembro de 1933. En 1935 encadrouse en Unión Republicana.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba de vacacións en Gandia, onde residiu durante a guerra civil. Volveu a Coruña, foi encausado polo Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo e en xaneiro de 1943 foi detido e ingresou na prisión provincial acusado de non presentar o escrito de retractación masónica correspondente. Foi trasladado ao cárcere de Porlier (Madrid) en febreiro de 1944. Xulgado o 26 de outubro de 1943 na causa 231/43, foi condenado a 12 anos. Cumpriu condena no cárcere de Yeserías e despois na prisión provincial de Madrid, en Carabanchel Alto, de onde saíu en liberdade condicional en decembro de 1945.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa Vázquez Méndez en novembro de 1905,[3] e foi pai de dúas fillas.

  1. La Voz de Galicia, 28-5-1920, p.
  2. El Pueblo Gallego, 17-3-1931, p. 9.
  3. La Voz de Galicia, 5-11-1905, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]