José Ulloa Pimentel
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de abril de 1805 Lalín, España |
Morte | 1876 (70/71 anos) Santiago de Compostela, España |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Irmáns | Juan Ramón Ulloa Pimentel |
José Ramón Ulloa Pimentel, nado en Lalín en 1805 e finado en Santiago de Compostela en 1876, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmán de Juan Ramón Ulloa Pimentel. Estudou Leis e canons na Universidade de Santiago de Compostela (1820-1824). Foi alcalde de Lalín (1835), Comandante da Milicia Nacional, promotor fiscal e xuíz de primeira instancia de Lalín, Vigo, Santiago, Ourense, Pontevedra, Alacant, Huelva e Santander. Foi deputado a Cortes por Pontevedra en 1843. Presidiu a Deputación de Pontevedra e foi gobernador da provincia de Pontevedra. Casou con Cayetana García-Barros Regueiro.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Vidal, Neira (10/8/2014). "José Ulloa Pimentel" Faro de Vigo (en castelán).
- Los Ulloa de San Pedro de Orazo (A Estrada, Pontevedra)
- Confraría da Peregrina