José Torres Hurtado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Torres Hurtado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Píñar, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Granada
14 de xuño de 2003 – 18 de abril de 2016
← José Enrique Moratalla (en) TraducirFrancisco Cuenca (en) Traducir →
Q47132543 Traducir
maio de 1996 – 2002
← Juan José López GarzónJuan Ignacio Zoido →
Deputado do Parlamento de Andalucía
17 de abril de 1996 – 20 de maio de 1996
Circunscrición electoral: Granada

Senador de España
22 de xuño de 1986 – 29 de outubro de 1989
Circunscrición electoral: Granada (en) Traducir
Deputado no Congreso dos Deputados
10 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986

Circunscrición electoral: Granada (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular (1989–2016)
Alianza Popular (1982–1989) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Torres Hurtado, nado en Píñar, Granada, o 15 de outubro de 1946, é un político español do ámbito do Partido Popular, alcalde de Granada de 2003 a 2016.

Biografía[editar | editar a fonte]

Ocupou a alcaldía de Granada desde 2003, cando o Partido Popular gañou as eleccións municipais nesta cidade por maioría absoluta e sucedeu o goberno tripartito (PSOE-IU-PA) da anterior lexislatura. Nas eleccións de 2007 ampliou a súa vantaxe en dous concelleiros cun 53,33% dos votos, conseguindo os mellores resultados da historia do PP en Granada e converténdose no primeiro alcalde democrático en conseguir dúas maiorías absolutas consecutivas na cidade.

Casado e con dúas fillas, José Torres Hurtado é Enxeñeiro Técnico Agrícola, e foi membro do Consello de Administración da RTVA.

Outros cargos políticos electos que ocupou antes da alcaldía de Granada foron (cronoloxicamente): deputado estatal por Alianza Popular en 1982, senador electo por Granada na terceira lexislatura (1986), Deputado Autonómico por Granada desde 1990, Deputado por Granada no Parlamento de Andalucía en marzo de 1996 e delegado do Goberno en Andalucía até a presentación da súa candidatura á alcaldía de Granada.

Xestión como alcalde[editar | editar a fonte]

Da súa lexislatura como alcalde entre 2003 e 2007 destacan as obras acometidas na cidade, como a reforma completa de dúas das principais vías da cidade (a Gran Vía e a avenida da Constitución) e a construción de tres pasos subterráneos en zonas de tráfico moi denso, así como a reconstrución integral do barrio de infravivendas de Santa Adela. Baixo o seu segundo mandato comezaron tamén as obras do Metropolitano de Granada, que conta con dar servizo á capital, así como a varios pobos da zona metropolitana.

Caso Nazarí


Predecesor:
José Enrique Moratalla Molina
Alcalde de Granada

2003 - 2016
Sucesor:
Francisco Cuenca