Saltar ao contido

José Queiruga Allegue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Queiruga Allegue
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1908 Editar o valor en Wikidata
Porto do Son, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xaneiro de 1983 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Pasaia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, pescador Editar o valor en Wikidata
Membro de

Nomes e Voces: 6816

José Queiruga Allegue, nado en Porto do Son o 8 de outubro de 1908 e finado en Pasaia o 6 de xaneiro de 1983,[1] foi un mariñeiro, miliciano e anarcosindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mariñeiro de Porto do Son afiliado á CNT. En 1931 comezou a traballar en Pesquerías y Secaderos de Bacalao de España (PYSBE), no porto de Pasaia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse a fronte en Trintxerpe (Pasaia) para defender a República o 18 de xullo. En Porto de Son o seu pai José Queiruga Carou foi aldraxado e zorrado, obrigado a ir en procesión co cartel "Muera Rusia, Arriba España" con outros veciños. A súa nai Carmen Allegue Pérez foi vítima de represalias e tivo que fuxir ao monte para evitar que a rapasen e lle desen aceite de rícino.

Despois da caída de Donostia, José Queiruga incorporouse a fronte republicana de Asturias en setembro de 1936 na Agrupación Confederal Galaica pertencente á Federación de Grupos do Batallón 207, na 3ª Compañía, ata que caeu a fronte en outubro de 1937. Agochouse en Xixón. Foi detido xunto a nove máis en xaneiro de 1938 cando intentaban fuxir en barco á zona republicana. Estivo preso no penal asturiano de Cerillero e tamén no castelo de San Filipe de Ferrol. Xulgado en Ferrol por rebelión, foi condenado a cadea perpetua. Ingresou no cárcere da Coruña onde estivo preso ata que, logo de varias reducións de pena, lle concederon a liberdade condicional en decembro de 1942.[2] Na prisión da Coruña coincidiu co seu irmán Francisco, condenado por berrar cando levaban os seus amigos ao exército franquista e con Xerardo Díaz Fernández, amigo que despois escribiu sobre os horrores vividos.

Ao saír da cadea volveu a Porto do Son onde casou. En 1955 a familia trasladouse a Trintxerpe (Pasaia). Durante a ditadura escondeu na súa casa un vello amigo, ao que axudou a fuxir a Francia.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Ana María Fernández García e foi pai de José, Mari Carmen, Abelardo e Venancio Queiruga Fernández.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]