José Queiruga Allegue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Queiruga Allegue
Nacemento8 de outubro de 1908
Lugar de nacementoPorto do Son
Falecemento6 de xaneiro de 1983
Lugar de falecementoPasaia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista e militiaman
editar datos en Wikidata ]

José Queiruga Allegue, nado en Porto do Son o 8 de outubro de 1908 e finado en Pasaia o 6 de xaneiro de 1983,[1] foi un mariñeiro, miliciano e anarcosindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mariñeiro de Porto do Son afiliado á CNT. En 1931 comezou a traballar en Pesquerías e Secaderos de Bacalao de España (PYSBE), no porto de Pasaia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse a fronte en Trintxerpe (Pasaia) para defender á República o 18 de xullo. En Porto de Son o seu pai José Queiruga Carou foi aldraxado e zorrado, obrigado a ir en procesión co cartel ”Muera Rusia, Arriba España” con outros veciños. A súa nai Carmen Allegue Pérez foi vítima de represalias e tivo que fuxir ao monte para evitar que a raparan e lle deran aceite de rícino. Despois da caída de Donostia, José Queiruga incorporouse a fronte republicana de Asturias en setembro de 1936 na Agrupación Confederal Galaica pertencente á Federación de Grupos do Batallón 207, na 3ª Compañía, ata que caeu a fronte en outubro de 1937. Agochouse en Xixón. Foi detido xunto a nove máis en xaneiro de 1938 cando intentaban fuxir en barco á zona republicana. Estivo preso no penal asturiano de Cerillero e tamén no Castelo de San Filipe de Ferrol. Xulgado en Ferrol por rebelión, foi condenado a cadea perpetua. Ingresou no cárcere da Coruña onde estivo preso ata que, logo de varias reducións de pena, lle concederon a liberdade condicional en decembro de 1942.[2] Na prisión da Coruña coincidiu co seu irmán Francisco, condeado por berrar cando levaban aos seus amigos ao exército franquista e con Xerardo Díaz Fernández, amigo que despois escribiu sobre os horrores vividos. Ao saír da cadea volveu a Porto do Son onde casou. En 1955 a familia trasladouse a Trintxerpe (Pasaia). Durante a ditadura escondeu na súa casa a un vello amigo, ao que axudou a fuxir a Francia.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ana María Fernández García e foi pai de José, Mari Carmen, Abelardo e Venancio Queiruga Fernández.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]