José Menese
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de decembro de 1942 La Puebla de Cazalla, España |
Morte | 29 de xullo de 2016 (73 anos) La Puebla de Cazalla, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Xénero artístico | Flamenco |
Instrumento | Voz |
Premios | |
José Menese Scott, nado en La Puebla de Cazalla (provincia de Sevilla) o 3 de decembro de 1942 e finado no mesmo lugar o 29 de xullo de 2016, foi un cantaor de flamenco andaluz.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Menese criouse na súa vila natal, onde o seu pai exercía o oficio de zapateiro. Comezou cantando na súa localidade natal como afeccionado, en locais como o Bar Central.
En 1959, Antonio Mairena presentouno no seu debut no Cine Carretería de Osuna. A principios da década de 1960 foi presentado no mundo cultural madrileño polo pintor Francisco Moreno Galván, tamén orixinario de La Puebla de Cazalla. Posteriormente pasou a formar parte do elenco de artistas do coñecido taboado flamenco Zambra.[2]
A relación de Menese con Moreno Galván foi moi prolongada, e foi este quen creou a maior parte das letras dos seus discos posteriores. O contido destas letras, cun profundo contido social e, nalgunhas ocasións, tamén político, lle significou a inimizade das autoridades do réxime franquista, aínda que estas nunca acharon escusa nas coidadas letras de Moreno Galván para exercer a censura sobre elas.[3] De entre estas letras destacan, entre outras, «Que ben me soa o teu nome», onde se denuncia o mal uso da palabra guerrilleiro por parte dun grupo terrorista de ultradereita de finais do franquismo coñecido como Guerrilleros de Cristo Rei:
Considérase a José Menese como o herdeiro natural de Antonio Mairena, aínda que Menese conseguiu desprenderse de calquera influencia estilística para desenvolver o seu propio estilo no cante flamenco, o que unido a unha voz clara e desgarrada, convertéronlle nun dos cantaores flamencos de máis importancia do século XX.[4]
A pesar de non pertencer á etnia xitana, José Menese fai gala dunha potente voz cuxos matices lembran aos grandes cantaores xitanos, especialmente a Antonio Mairena. Menese é un cantaor ortodoxo que sempre respectou os esquemas clásicos do flamenco, rexeitando no seu repertorio innovacións como as que outros artistas introduciron no cante de finais do século XX. A pesar diso, foi o primeiro artista flamenco en levar o cante a escenarios como o Teatro Olympia de París (1973 e 1974) ou mesmo ao Auditorio Nacional de Música de Madrid (1991).[5]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- 1965 - Premio de Honra "Tomás el Nitri" do Concurso de Cante Flamenco de Córdoba
- 1966 - Siguiriyas de Marbella
- 1967 - Premio de Mairena de Alcor
- 1968
- 1971
- -La Saeta de Oro de Almería
- Trofeo Lucas López
- 1974 - Premio Nacional ao Cante da Cátedra de Xerez
- 1987 - Premio Cabal de Prata, por votación popular, de RNE
- 1992 - Compás del Cante
- 1996 - Mención especial dos Premios Ondas
- 1997 - Galardón Flamenco Calle de Alcalá y "Patriarca del Cante"
Discografía
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- 1963 - José Menese
- 1964 - Saetas
- 1964 - José Menese
- 1965 - José Menese
- 1965 - Cantes de José Menese
- 1967 - José Menese
- 1967 - Cantes flamencos básicos
- 1968 - Menese
- 1969 - La Mariana
- 1970 - Saetas de oro
- 1970 - Renuevos cantes viejos
- 1971 - Cando llegará el momento
- 1971 - Romance de Juan García
- 1971 - Cantes para el hombre nuevo
- 1974 - Los que pisan la tierra
- 1975 - Theâtre de l'Olympia
- 1975 - Soleares del que nunca fue a Granada
- 1975 - Festival flamenco gitano, vol 2
- 1976 - La palabra
- 1978 - Andalucía 40 años
- 1981 - Mi cante a la esperanza
- 1982 - Ama todo cuanto vive
- 1985 - Cantes de ida y vuelta
- 1987 - Puerta Rolda
- 1993 - El vento solano
- 1994 - Arte flamenco
- 1995 - Recital Teatro Albéniz, 30 años de cante
- 1995 - En el Albéniz
- 1997 - El Flamenco Vive
- 1997 - A mi madre Remedios
- 2000 - A Francisco
- 2002 - La pureza del cante
- 2005 - A mis soledades voy, de mis soledades vengo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García Reyes, Alberto (30 de xullo de 2016). "Muere José Menese, cantaor que cierra una generación irrepetible". ABC. Consultado o 30 de xullo de 2016.
- ↑ Triste y Azul - José Menese.
- ↑ La Dinamo Arquivado 14 de agosto de 2016 en Wayback Machine. - José Menese.
- ↑ 4,0 4,1 500 aniversario de la Universidad de Sevilla - Concierto de José Menese y Antonio Carrión.
- ↑ De Flamenco.com - José Menese
- ↑ 6,0 6,1 A palo seco Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine. - José Menese.