José María Sánchez Brea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María Sánchez Brea
Biografía
Nacemento15 de maio de 1888 Editar o valor em Wikidata
San Pedro de Ancorados, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de abril de 1949 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
A Estrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José María Sánchez Brea, nado en San Pedro de Ancorados (A Estrada) o 15 de maio de 1888 e finado no mesmo concello o 24 de abril de 1949, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba, onde publicou a noveliña La caída de un cacique e dirixiu o periódico Ideal Gallego. Retornou á Estrada e na Segunda República foi membro da Comisión de Prensa do Centro de Emigrados e secretario da Federación Agraria. Dirixiu os periódicos La Vanguardia e El Emigrado. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Entre outros lugares refuxiouse na casa de Manuel García Barros.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La caída de un cacique, 1922.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou na Habana con Josefa Albertí.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]