José María Albar González
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1896 Castrelo do Val, España |
Morte | 11 de outubro de 1941 (44/45 anos) Ourense, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | maquis, labrego |
José María Albar González, nado en Castrelo do Val cara a 1896 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Labrego de Fontefría (Servoi). Membro dun grupo guerrilleiro da provincia de Ourense. Foi detido en agosto de 1941. Encartado na Causa 606/1941 por rebelión, foi xulgado en Ourense en consello de guerra o 16 de setembro xunto con Avelino Rodríguez Rodríguez, José Toro Martínez, Benjamín Sierra Fernández, Antonio Parada Calvo e Martín Estévez Vega, acusados de atraco a man armada en San Mamede de Hedrada en agosto. Condenados a pena de morte, foron executados en Ourense o 11 de outubro de 1941.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Represión franquista en Ourense Arquivado 16 de maio de 2022 en Wayback Machine.