José Luis Astiazarán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Luis Astiazarán
Información persoal
Nome José Luis Astiazarán Iriondo
Nacemento 31 de outubro de 1963
Lugar de nacemento Cidade de México
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

José Luis Astiazarán Iriondo, nado en Cidade de México o 31 de outubro de 1963, é un directivo español, vinculado ao mundo do fútbol. Foi presidente da Real Sociedad de Fútbol entre 2001 e 2005, e presidente da Liga de Fútbol Profesional (LFP) entre 2005 e 2013.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Avogado de profesión, José Luis Astiazarán foi elixido presidente da Real Sociedad en 2001, abandonando o club en xuño de 2005 e converténdose así no 4º Presidente da Liga Nacional de Fútbol Profesional.

Desde 2005 Astiazarán forma parte da xunta directiva da EPFL, a asociación de ligas profesionais a nivel Europeo e desde o 2008 é vicepresidente da Real Federación Española de Fútbol.

En 2009 Astiazarán foi nomeado membro da Subcomisión da Comisión do Estatuto do Xogador para a protección de menores da FIFA.


Predecesor:
Pedro Tomás Marqués
 
Presidente da Liga de Fútbol Profesional
 
2005 - 2013
Sucesor:
Javier Tebas Medrano
Predecesor:
Luis Uranga Otaegui
 Presidente da Real Sociedad de Fútbol 
2001 - 2005
Sucesor:
Miguel Fuentes Azpiroz

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]