José Francés Carpintero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 O Porriño, España |
Morte | 27 de agosto de 1936 (29/30 anos) Tui, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Irmáns | Eleazar Francés Carpintero Antonio Francés Carpintero |
José Francés Carpintero, nado no Porriño en 1906 e finado en Tui o 27 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Francés González. Factor na estación ferroviaria do Porriño. Militante do PSOE, foi elixido membro da directiva da Agrupación Socialista do Porriño en 1932. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Tui por traizón con Manuel López Losada o 20 de agosto.[1] Condenado a pena de morte, foi executado en Tui o 27 de agosto con Manuel López Losada.
Os seus irmáns Antonio e Eleazar Francés Carpintero foron paseados o 22 de setembro, a súa irmá Asunción foi condenada a 15 anos e o seu outro irmán, Eladio, condenado a cadea perpetua.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1931 con Elena Valverde Mayo,[2] e foi pai de Josefa e Raúl Francés Valverde.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Paz Antón, Xosé Ramón (2007). O Porriño 1936. Vigo: A Nosa Terra. pp. 132–135. ISBN 978-84-8341-157-5.