José Craveirinha
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1922 Maputo, Mozambique |
Morte | 6 de febreiro de 2003 (80 anos) Maputo, Mozambique |
Actividade | |
Lugar de traballo | Casa dos Estudantes do Império (pt) |
Ocupación | poeta, xornalista, escritor |
Empregador | A Tribuna (pt) |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Africa: An Encyclopedic Reference (en) , (vol:2) |
José João Craveirinha, nado en Maputo o 28 de maio de 1922 e finado o 6 de febreiro de 2003 na Xohanesburgo[1], foi un escritor e xornalista mozambicano. Prémio Camões en 1991. É considerado o maior poeta mozambicano.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]José Craveirinha naceu no Xipamanine, en Lourenço Marques (actual Maputo),[3] o 28 de maio de 1922, fillo de pai algarvio-portugués (de Aljezur) e nai ronga[4]. Viviu coa nai, pai e madrasta.[5]
Estudou na escola «Primeiro de Janeiro», pertencente aos masóns.
Como xornalista, colaborou nos periódicos mozambicanos O Brado Africano, Notícias, Tribuna, Notícias da Tarde, Voz de Moçambique, Notícias da Beira, Diário de Moçambique e Voz Africana. Fixo campaña contra o racismo no Notícias, onde traballaba, tendo sido o primeiro xornalista oficialmente sindicalizado.
Utilizou os seguintes pseudónimos: Mário Vieira, J.C., J. Cravo, José Cravo, Jesuíno Cravo e Abílio Cossa. Foi presidente da Associação Africana na década de 1950.
Estivo preso pola PIDE entre 1965 e 1969 por formar parte dunha célula da 4.ª Rexión Político-Militar da Frelimo. As súas ideas baseábanse na conciencia africana, a xustiza social, o anticolonialismo e a independencia nacional, que preocupou a toda África durante a segunda guerra mundial.[6]
Foi o primeiro presidente da Mesa da Assembleia Geral da Associação dos Escritores Moçambicanos, entre 1982 e 1987. Na súa homenaxe, a Associação dos Escritores Moçambicanos (AEMO), en conxunto coa HCB (Hidroeléctrica de Cahora Bassa), instituíu en 2003, o Prémio José Craveirinha de Literatura.
A pesar de que a súa obra reflectiu a influencia dos surrealistas, está fortemente marcada por todo un carácter popular e tipicamente mozambicano. A súa poesía posúe un carácter social que radica nas camadas máis profundas do pobo mozambicano.[7]
Obra
[editar | editar a fonte]- Chigubo (1980). Casa dos Estudantes do Império, 1964; 2d ed. Maputo: INLD. Poesía
- Cantico a un dio di Catrame (1966). bilingue português/italiano). Milán, Lerici. (trad. e prefacio Joyce Lussu).
- Karingana ua karingana (1982). Lourenço Marques, Académica, 1974. 2.ª ed., Maputo, Instituto Nacional do Livro e do Disco. Poesía.
- Cela 1 (1980). Maputo, Instituto Nacional do Livro e do Disco.
- Izbranie (1984). Moscovo, Molodoya Gvardiya (en ruso).
- Maria (1988). Lisboa, Portugal: ALAC (África Literatura Arte e Cultura). Poesía.
- Voglio essere tamburo (poetry). Venezia, Italia: Centro Internazionale della grafica di Venezia - Coop, 1991.
- Babalaze das Hienas (poetry). Maputo: AEMO, 1997.
- Hamina e outros contos (1987). Maputo: Njira, 1997.
- Contacto e outras crónicas (1999). Maputo: Centro Cultural Português.
- Poesia Toda (2000). Lisboa, Portugal: Caminho. Poesía
- Obra Poética (2002). Maputo: UEM. Poesía.
- Dikter (2002). Estocolmo: Ordfront. Poesía.
- Poemas da Prisão (2003). Maputo: Njira- Poesía.
- Poesia Erótica (2004). Maputo: Texto Editores. Poesía.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1959ː Prémio Cidade de Lourenço Marques.
- 1961ː Prémio Reinaldo Ferreira do Centro de Arte e Cultura da Beira.
- 1961ː Prémio de Ensaio do Centro de Arte e Cultura da Beira.
- 1962ː Prémio Alexandre Dáskalos da Casa dos Estudantes do Império, Lisboa, Portugal.
- 1975ː Prémio Nacional de Poesia de Itália.
- 1983ː Prémio Lotus da Associação de Escritores Afro-Asiáticos.
- 1985ː Medalha Nachingwea do Goberno de Moçambique.
- 1987ː Medalha de Mérito da Secretaria de Estado da Cultura de São Paulo, Brasil.
- 1991ː Prémio Camões.
- 1997ː Comendador da Ordem do Infante D. Henrique de Portugal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "MORREU JOSÉ CRAVEIRINHA". www.cmjornal.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-15.
- ↑ "Biografia - José Craveirinha". escritas.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2019. Consultado o 2020-04-15.
- ↑ Pires Laranjeira (1995). Literaturas Africanas de Expressão Portuguesa. Universidade Aberta.
- ↑ Infopédia. "José Craveirinha - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-04-15.
- ↑ Chaves, Rita (1999). JOSÉ CRAVEIRINHA, DA MAFALALA”, DE MOÇAMBIQUE, DO MUNDO. Universidade de São Paulo.
- ↑ "JOSÉ CRAVEIRINHA, O GRANDE ESCRITOR DE MOÇAMBIQUE". Portal Galego da Língua - PGL.gal (en portugués). 2019-09-18. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-15.
- ↑ "José Craveirinha. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-15.