Saltar ao contido

José Castedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Castedo
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte1982 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsinólogo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX6306773

José Castedo Carracedo, coñecido como Pepe Castedo, nado en Ferrol[1] en 1914 e finado probablemente en Madrid en 1982, foi un sinólogo galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Militante de partidos de esquerda, combateu na Guerra Civil Española no bando republicano. Apresado durante o conflito militar, logrou escapar e fuxir a Francia. En París inscribiuse como refuxiado político, presentándose co aval de Julio Just, deputado valenciano de Izquierda Republicana.

En 1964 viaxou a China co propósito de aprenderlles español ás novas xeracións do maoísmo. Comezou a traballar na escola anexa ao Instituto de Linguas Estranxeiras de Pequín, a actual Universidade de Estudos Estranxeiros de Pequín. En 1966 involucrouse na Revolución Cultural.

Dezaseis anos despois de chegar a Asia en 1980 saíu daquel país e foi a Málaga para vivir cunha filla que tiña. Ao ano seguinte recibiu a orde de Afonso X o Sabio polos seus méritos pedagóxicos, e quixo regresar a China, pero xa non llo permitiron.[2] Ao pouco rompeu relacións coa súa filla e trasladouse a Madrid, pero con grandes dificultades persoais e económicas suicidouse probablemente nesa cidade dun disparo.

Repercusión

[editar | editar a fonte]

Aparece mencionado nas Memorias de un naufragio de Juan Morillo e en Las tertulias de San Li Tun, de Juan Andrade Heymann. Quizais fose o revisor da primeira tradución española do Libro Vermello de Mao.[1]

  • El último beso (1949), xunto co militante do PCE José del Campo Cayol.
  1. 1,0 1,1 Flores para Pepe Castedo, artigo de Xulio Ríos para Praza Pública, 17/6/2013.
  2. Un gran amigo y un colega inolvidable, artigo de Wu Ruigen en China Hoy, xullo de 2004.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ríos, Xulio (2019). [978-84-949046-6-0 Pepe Castedo. Vida y Azares] |url= incorrecto (Axuda). Santiago de Compostela: Teófilo edicións. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]