Saltar ao contido

José Bernárdez Santaclara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Bernárdez Santaclara
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor en Wikidata
Bueu, España Editar o valor en Wikidata
Mortexullo de 1993 Editar o valor en Wikidata (86/87 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónzapateiro, sindicalista, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1131961 Nomes e Voces: 247

José Bernárdez Santaclara, coñecido como Pasarín, nado en Bueu en 1906 e finado en Pontevedra en xullo de 1993,[1] foi un zapateiro, sindicalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mariñeiro de novo, fíxose zapateiro por problemas de saúde. Foi secretario da sociedade Adelanto Marinero da UGT. Na Segunda República foi concelleiro de Bueu. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por adhesión á rebelión o 22 de decembro de 1936, foi condenado a cadea perpetua e inhabilitación absoluta. Preso na Illa de San Simón, foi trasladado ao Forte de San Cristovo o 16 de maio de 1937.[2] O 1 de marzo de 1939 foi trasladado á Prisión Central de Cuellar (Segovia), de onde saíu en prisión atenuada o 5 de setembro de 1940. Foille conmutada a pena a 4 anos en decembro de 1942. Concedéronlle a liberdade definitiva o 5 de decembro de 1943.

  • Rosas salvajes (poesía, 1986).
  1. La Voz de Galicia, Pontevedra, 10-7-1993, p. 2.
  2. "Bernárdez Santaclara, José". Los presos del penal de Ezcaba. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]