José Bernárdez Santaclara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Bernárdez Santaclara
Nacemento1906
Lugar de nacementoBueu
Falecementoxullo de 1993
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónzapateiro, sindicalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

José Bernárdez Santaclara, coñecido como Pasarín, nado en Bueu en 1906 e finado en Pontevedra en xullo de 1993,[1] foi un zapateiro, sindicalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mariñeiro de novo, fíxose zapateiro por problemas de saúde. Foi secretario da sociedade Adelanto Marinero da UGT. Na Segunda República foi concelleiro de Bueu. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por adhesión á rebelión foi condenado a cadea perpetua e inhabilitación absoluta. Saíu en prisión atenuada en 1940. Foille conmutada a pena a 4 anos en decembro de 1942. En 1986 publicou o poemario Rosas salvajes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Pontevedra, 10-7-1993, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]