José Bermúdez Montero
Biografía | |
---|---|
Morte | 4 de abril de 1900 Huelva, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
José Bermúdez Montero, finado en Huelva o 4 de abril de 1900,[1] foi un avogado, funcionario e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Alejando Bermúdez. Oficial da Administración de Facenda destinado en Lugo dende 1893,[2] trasladouse a Pontevedra en 1894.[3] Foi redactor de Gaceta de Galicia e La Revista Popular, colaborou en Café con Gotas e dirixiu en Pontevedra Café con Tostada.[4] En 1897 trasladouse a Huelva,[5] onde dirixiu o semanario Sancho Panza, órgano do Partido Conservador,[6] e o periódico La Opinión.[7] Utilizou o pseudónimo Jo Ber y Mon.
Obra[editar | editar a fonte]
- Chiribitas, 1894.[8]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Vedra con Teresa Seijas en 1892.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Gaceta de Galicia, 6-4-1900, p. 3.
- ↑ Gaceta de Galicia, 24-9-1893, p. 2.
- ↑ El Lucense, 1-9-1894, p. 2.
- ↑ Gaceta de Galicia, 18-1-1895, p. 1.
- ↑ Gaceta de Galicia, 26-04-1897, p. 2.
- ↑ Gaceta de Galicia, 10-5-1899, p. 2.
- ↑ La cultura y la literatura en la Huelva del cambio de siglo a través de La Provincia (1895-1901)
- ↑ "Chiribitas en Galiciana". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2021. Consultado o 21 de xaneiro de 2021.
- ↑ Gaceta de Galicia, 28-5-1892, p. 2.