José Antonio Paz Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 A Coruña, España |
Morte | 1999 (94/95 anos) Salamanca, España |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
José Antonio Paz Martínez, nado na Coruña en 1904 e finado en Salamanca en 1999, foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi Segundo condestable da Armada. Durante a folga xeral revolucionaria de 1934 estivo preso en Ferrol, interesándose por el Diego Martínez Barrio. Durante a Guerra Civil loitou a favor do Goberno lexítimo como dependente do Ministerio de Mariña. Coa derrota da República fuxiu a Francia e foi internado no campo de refuxiados de Argelès sur Mer 8 bis. Durante a segunda guerra mundial incorporouse aos maquis no sur de Francia, acadou o grao de coronel e perdeu un ollo en combate. Foi delegado da Agrupación de Guerrilleros Españoles na Unión Nacional (UNE). En decembro de 1945 participou na fundación do Bloque Repubricán Nazonal Galego (BRNG), en Tolosa, como representante do PCE.
Iniciouse na masonería en 1929 na loxa Helenes nº 7 de Pontevedra, pertenceu tamén ao Triángulo Solón de Marín e a outras de Lugo e Ferrol. O Tribunal de Represión da Masonería e o Comunismo instruíulle sumario en 1944, sendo condenado a 16 anos de reclusión menor e accesorias.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi condecorado Cabaleiro da Lexión de Honra polo goberno francés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pereira Martínez, Carlos (2004). "A Familia Poza: Un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra" (PDF). Anuario Brigantino (27): 265–312. Consultado o 28 de agosto de 2012.