José Antonio Calvo Montero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1853 Cartelle, España |
Morte | 7 de novembro de 1937 (84 anos) Ortigueira, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado , notario |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Dámaso Calvo Moreiras |
José Antonio Calvo Montero, nado en Espiñoso (Cartelle) o 28 de abril de 1853 e finado en Ortigueira o 7 de novembro de 1937, foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de José Calvo, agrimensor, e Manuela Montero, que pertencía á fidalguía rural. Estudou no mosteiro dos escolapios de Celanova, e fixo o Bacharelato no Instituto de Ourense. Estudou Dereiro na Universidade de Santiago de Compostela. Unha vez licenciado, practicou a avogacía en Ourense e despois presentouse ás oposicións a notarías. Obtivo praza como notario en Ortigueira en 1880. En Ortigueira combinou as súas actividades de avogado coas de notario. Foi nomeado delegado da Xunta e Arquiveiro de Protocolos do Distrito de Ortigueira en 1889. Foi amigo persoal de Juan Fernández Latorre e o seu representante na comarca do Ortegal, participou con el na sociedade anónima que creou para o sostemento de La Voz de Galicia. Fundou El Eco Ortegano, que dirixiu o seu fillo Dámaso Calvo Moreiras. Deixou de editar o periódico en outubro de 1913 con motivo do falecemento da súa muller Rita Moreiras Pandiello.