Saltar ao contido

José Alfonso Osorio Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Alfonso Osorio Rodríguez
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1904 Editar o valor en Wikidata
Paradela, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de abril de 1975 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Paradela, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Castrelo de Miño
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJosé Alfonso Osorio Novoa Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 10601

José Alfonso Osorio Rodríguez, coñecido como Catuxo, nado en Paradela (Barral, Castrelo de Miño) o 6 de xaneiro de 1904 e finado no mesmo lugar o 18 de abril de 1975, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Militante de Unión Republicana. En xullo de 1936 era alcalde de Castrelo de Miño. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasouse á zona leal. Ao rematar a guerra foi detido e xulgado en Ourense por auxilio á rebelión na causa 755/39. Foi condenado a 12 anos e 1 día de prisión o 4 de marzo de 1942. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi declarado exento.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Castrelo de Miño
 
1936
Sucesor:
?


Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou coa mestra nacional Luisa Novoa Vázquez, con quen tivo tres fillos: José Alfonso, María Luisa e David Adolfo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]