José Alfonso Osorio Novoa
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de maio de 1948 Vigo, España |
| Morte | 15 de xaneiro de 2019 Ourense, España |
| Actividade | |
| Ocupación | comerciante, político |
| Familia | |
| Pai | José Alfonso Osorio Rodríguez |
José Alfonso Osorio Novoa, nado en Vigo o 29 de maio de 1948 e finado en Ourense o 15 de xaneiro de 2019, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empresario do sector vitivinícola, en 2002 foi cofundador da Festa da codorniz de Castrelo de Miño. Nas eleccións municipais de 1995, 1999 e 2003 liderou a lista do PSOE e nas eleccións municipais de 2007 liderou a lista de Independientes por Castrelo de Miño[1].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Fillo de Luisa Novoa Vázquez e José Alfonso Osorio Rodríguez, "Catuxo". Casado con Rosa Telle Yáñez, tivo dous fillos, José Alfonso e Virginia Osorio Telle.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Municipio de Castrelo de Miño" (PDF). Boletín Oficial Provincia de Ourense. 1 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xuño de 2022. Consultado o 11 de xullo de 2019.