Josefina Ling Ling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Josefina Ling Ling
Datos persoais
LugarMadrid
Actividade
Campoastrónoma
Alma máterUniversidade Autónoma de Madrid, Universidade Complutense de Madrid e Universidade de Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

Josefina Faen-Faen Ling Ling, nada en Madrid, é unha astrónoma, profesora e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela e do Observatorio Astronómico Ramón María Aller. No ano 2014 recibiu o Premio Edmond Girard, concedido pola Sociedade Astronómica de Francia.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Josefina Ling estudou o primeiro ciclo da licenciatura en Matemáticas na Universidade Autónoma de Madrid e logo decidiu trasladarse á Universidade Complutense de Madrid para estudar a especialidade de Astronomía, Mecánica e Xeodesia.[2] Posteriormente en 1983 trasladouse a Santiago de Compostela,[3] realizando o doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

É profesora titular da área de Astronomía e Astrofísica no departamento de Matemática Aplicada da USC, e traballa como investigadora e divulgadora no Observatorio Astronómico R. M. Aller. Tamén foi secretaria do equipo de goberno da Facultade de Matemáticas desde 2009 até 2017.

A súa investigación céntrase nos Sistemas Estelares Dobres e Múltiples, na mecánica celeste e na contaminación luminosa.[4] Ten participado en numerosas campañas de observación astronómica, en diferentes observatorios internacionais, para a obtención posicións relativas destes astros utilizando técnicas micrométricas e de interferometría speckle.[1] No transcurso dunha delas descubriu a estrela dobre, LING 1, situada na constelación de Cassiopeia.[5] É membro da Comisión G1da Unión Astronómica Internacional e asesora científica da Sociedade Astronómica de Francia.[6]

Pertence á Comisión Muller e Astronomía da Sociedade Española de Astronomía, e desenvolve unha importante actividade divulgadora, participando en actividades para fomentar as vocacións femininas en ciencias como Unha enxeñeira ou científica en cada cole.[7] Foi comisaria, xunto con Eulalia Pérez Sedeño, da exposición "Con A de Astrónomas"[8], e coordinou o calendario "Astrónomas que fixeron historia".[9] É unha das científicas da axenda feminista 2016 do Observatorio da Mariña pola Igualdade[4] e do proxecto Donas do código.[10]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2010 recibiu o I premio á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia da USC, [11] e en 2014 o premio Edmond Girad da Sociedade Astronómica de Francia.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Comisión Mujer y Astronomía. Sociedad española de astronomía". www.sea-astronomia.es. Consultado o 2020-08-21. 
  2. "El universo busca la conciliación". Agencia SINC (en castelán). Consultado o 2020-08-21. 
  3. "«Me emociona una lluvia de estrellas»". La Voz de Galicia (en castelán). 2000-12-07. Consultado o 2020-08-21. 
  4. 4,0 4,1 "Axenda Feminista 2016: Científicas Galegas. Observatorio da Mariña pola Igualdade". Consultado o 2020-08-21. 
  5. "Josefina Ling: “El 70 % de las estrellas de nuestra Galaxia son dobles”". UNE. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2017. Consultado o 2020-08-21. 
  6. "Entrevista a Josefina Ling en El Correo Gallego" (PDF). USC. Consultado o 21-8-2020. 
  7. "Unha enxeñeira ou científica en cada cole - - USC". www.usc.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  8. "Con A de astrónomas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2014-05-20. Consultado o 2020-08-21. 
  9. "Calendario astrónomas que hicieron historia" (PDF). SEA. Consultado o 21-8-2020. 
  10. "DONAS DO CÓDIGO 2017-2018.". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  11. "Ling y Muñoz Abeledo, premiadas por la USC". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-08-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]