José de Lis Costas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé de Lis Costas
Biografía
NacementoGondomar, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de agosto de 1992 Editar o valor em Wikidata
Gondomar, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Gondomar
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial , político Editar o valor em Wikidata

José de Lis Costas, nado en Gondomar e finado no mesmo concello o 10 de agosto de 1992, foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi nomeado alguacil do Concello de Gondomar en 1959.[1] Concelleiro en Gondomar e primeiro tenente alcalde, foi nomeado alcalde de Gondomar en xullo de 1972,[2] tomando posesión o 28 de xullo.[3] Nas primeiras eleccións democráticas presentouse á alcaldía encabezando unha candidatura independente e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura Vecinos Independientes e volveu ser elixido alcalde co apoio do PPdeG.[4] Pasouse ao PPdeG. Posteriormente foi concelleiro e ingresou no CDS. En novembro de 1991 foi condenado polo xulgado do Penal de Vigo a un ano de inhabilitación e a pagar 10 millóns de pesetas por un delito fiscal.[5] Finou en Gondomar de cancro de pulmón o 10 de agosto de 1992.[6]


Predecesor:
Ramón Fariña Cobián
 
Alcalde de Gondomar
 
1972 - 1987
Sucesor:
Ramón Sestelo Fernández

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Rosa Fernández Pérez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 13-2-1959, p. 4.
  2. El Pueblo Gallego, 28-7-1972, p. 15.
  3. El Pueblo Gallego, 13-8-1972, p. 22.
  4. La Voz de Galicia, Vigo, 26-5-1983, p. 38.
  5. La Voz de Galicia, 19-11-1991, p. 63.
  6. Faro de Vigo, 11-8-1992, p. 18.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]