José Varela Puentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Varela Puentes
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xullo de 1980 Editar o valor em Wikidata
Vilamateo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , guerreiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Varela Puentes, finado en Vilamateo (Vilarmaior) o 26 de xullo de 1980,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do Partido Galeguista. Co triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936 foi nomeado presidente da xestora de Vilarmaior que quedou constituída o 23 de maio de 1936.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado até 1941. Nese ano conseguiu reintegrarse á vida normal. Despois foi enlace da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, sendo o número tres da organización estruturada por Francisco Rey Balbís "Moncho", e dedicándose a conseguir armas a través de compañeiros empregados na Fábrica de Armas da Coruña. Foi detido en 1951, e saíu da cadea en 1967. Finou en Vilamateo con 88 anos.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Vilarmaior
 
1936
Sucesor:
?

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 27-7-1980, p. 40.
  2. El Pueblo Gallego, 29-5-1936, p. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]