José Troncoso Faro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Troncoso Faro
Biografía
NacementoPonteareas Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Troncoso Faro, nado en Ponteareas, foi un xastre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Mondariz e foi primeiro tenente de alcalde. Na Segunda República foi nomeado polo gobernador civil concelleiro de Mondariz por Unión Republicana e foi elixido alcalde o 10 de marzo de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu na zona leal e recibiu axudas desde Buenos Aires. Coa derrota da República pasou a Francia e en xullo de 1939 estaba internado no campo de refuxiados de Bram (Aude). Exiliouse en Lión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Tea, 4-4-1936, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
?
 
Alcalde de Mondariz
 
1936
Sucesor:
Raúl García Durán