José Santullano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santullano
Información persoal
Nome José Álvarez Santullano González
Nacemento 7 de xuño de 1999
Lugar de nacemento Oviedo
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Covadonga
Número 17
Carreira xuvenil
Oviedo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2018–2019 L'Entregu 30 (2)
2019–2020 Avilés 14 (2)
2020–2021 Lenense 31 (4)
2021– Covadonga 76 (4)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 21 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

José Álvarez Santullano González, nado en Oviedo o 7 de xuño de 1999, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Covadonga, da Segunda División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do Real Oviedo e militou ata os 19 anos no equipo xuvenil da División de Honra.[1] A continuación pasou ao L'Entregu, co que debutou na Terceira División, antes de pasar polas filas do Avilés e do Lenense. Na tempada 2021/22 fichou polo Covadonga, co que logrou na campaña seguinte o ascenso á Segunda División RFEF.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El conjunto blanquiazul se fija en Santullano" (en castelán). 11 de xullo de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2023. 
  2. "José Santullano nuevo jugador del Cova" (en castelán). 16 de xuño de 2021. Consultado o 21 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]