José Rodríguez Cociña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Rodríguez Cociña
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1914 Editar o valor em Wikidata
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de decembro de 1994 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Rodríguez Cociña, nado en Viveiro o 9 de outubro de 1914 e finado en Cidade de México o 14 de decembro de 1994, foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tipógrafo en Viveiro, afiliado á UGT e a Agrupación Socialista de Viveiro dende 1931. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pertenceu ás Juventudes Socialistas Unificadas, foi policía no Corpo de Seguridad e tenente no Estado Maior de Aviación. Ao rematar a guerra exiliouse en Francia onde foi recluído no campo de concentración de Argelès sur Mer, ata que en xullo de 1939 chegou a Veracruz no vapor Ipanema. En México afiliouse á Agrupación Socialista e dedicouse ao comercio. Fixo fortuna a comezos dos anos oitenta co negocio de producir e exportar uva de mesa e viño para o mercado estadounidense desde a plantación que posuía no estado de Baixa California. Foi tamén promotor inmobiliario.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]