José Ramón García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Ramón García
Nacemento1971
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

José Ramón García González, nado en Santiago de Compostela en 1971, é un empresario galego.

Traxectoria empresarial[editar | editar a fonte]

É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola USC, e fixo un máster en Auditoría de Contas e outro en Economía Aplicada.

En 2002 fundou a empresa actualmente en fase de liquidación Blusens Global Corporation, xunto co seu amigo Miguel Silva, cun capital inicial de 3.000 €.

O 1 de marzo de 2018 foi detido en Compostela por axentes da Policía Nacional, e posteriormente posto en liberdade acusado de organización criminal á espera de xuízo.[1][2][3]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Está casado e ten unha filla.

No ano 2010 participou no programa El Secreto, emitido por Antena 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • https://codigocero.com/A-Policia-Nacional-arresta-ao-fundador-de-Blusens
  • https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2018/03/01/detenido-fundador-blusens-delito-contra-propiedad-industrial/00031519922610670212607.htm
  • http://www.laopinioncoruna.es/economia/2018/03/02/policia-arresta-fundador-blusens-plagio/1268249.html.